Este domingo nos Xardíns do Padre Feijoo.

Os Xardíns de Padre Feijóo acollerán o domingo, día 2 de outubro, ás 18:00 o espectáculo familiar “Cousas de papá”, a cargo de Héctor Lorenzo, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense coa colaboración da asociación de apoio á lactancia materna Arrolos de Teta.

Tamén o domingo nos propios xardíns abrirase ao público a exposición das fotografías galardonadas no VIII Concurso de fotografías Concello de Ourense sobre Lactancia Materna. A este certame presentáronse 23 autores, cun total de medio cento de fotografías. A exposición recolle todos os premiados: primeiro, segundo e 10 accésits e poderase visitar durante todo o mes de outubro.

Estas actividades servirán como colofón ás que leva organizado o Concello para celebrar a Semana da Lactancia Materna baixo o lema de «Lactancia materna, clave para o desenvolvemento sostible».