O Servizo Eléctrico do Concello de Ourense vén de denunciar o roubo de 1.750 metros de cable de cobre do campo na Carballeira de Santa Cruz. Os feitos, que foron postos en coñecemento da Policía Local, ocasionaron a falla de subministro na zona, que será reposto no prazo dunha semana aproximadamente. O custo da reposición deste cable, de 1,6 mm de grosor, ascende aos 4.500 euros.
Non é a primeira vez nesta tempada que se produce o roubo de cable no termo municipal de Ourense.
No mes de febreiro foran roubados 300 metros de cable no paseo do Barbaña, a zona máis afectada polos amigos do alleo: en marzo de 2015, roubáranse 1.472 metros de cableado nas proximidades; en maio de 2015, foron 1.000 metros os sustraídos no tramo comprendido entre o barrio do Polvorín e o Pazo dos Deportes Paco Paz; mesma cantidade que a roubada en novembro de 2015, no tramo situado entre o Paco Paz e a rúa Ermida.