A Concellería de Cultura vén de abrir o prazo para a presentación de propostas para o Concurso de carteis de Magosto e Samaín 2016. O prazo de entrega permanecerá aberto até o vindeiro xoves 20 de outubro, e os orixinais deberán entregarse no rexistro do Concello de Ourense acompañados dun sobre pechado con seudónimo.
Os carteis serán representativos e estarán relacionados coas festividades de Samaín – Festa de Todos os Santos, 31 de outubro -, e a dos Magostos – 11 de novembro -.
O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 1.000 euros, e o de Samaín con 600 euros.