En canto ao cadro masculino, os chicos aguantaron o ritmo do actual campión galego, para ceder por un 14-28. Malia o resultado, o combinado masculino competiu contra un dos favoritos a revalidar título, nunha Liga que dará comezo dentro de dúas semanas, e no que os da cidade das Burgas poden loitar por ascender á primeira división.
O cadro feminino, acadou un resultado máis positivo, empatando o seu partido cun 13-13. O encontro estivo igualado dende o primeiro minuto, acadando diversas alternativas ámbolos dous equipos no marcador, mais rematou cun empate que o cadro ourensán valora coma moi positivo, xa que pode ser un dos rivais directos da súa competición.
A liga comeza a fin de semana do 15 de outubro, un ano que agardamos de consolidación para o equipo do Auriensa nas súas dúas categorías.