A Fundación do Real Madrid organizou unha carreira pola ribeira do Miño.

Diz e Santiso vencen na carreira solidaria do Real Madrid

Uns 400 atletas de todas as idades participaron nesta carreira que se disputara de igual maneira en tres cidades españolas máis.

Na carreira absoluta foi Rubén Diz o máis rápido en completar o percorrido de 9,200 metros. O seu tempo foi de 34 minutos e 52 segundos. Alejo Ares foi segundo a só 8 segundos do vencedor. Alejandro Montero rematou no terceiro lugar (36.15).

En mulleres, Ana María Santiso foi a primeira realizando un tempo de 46 minutos. Zulema González, a uns metros da vencedora, chegou seis segundos máis tarde. O podio completouno Isabel Soutullo (46.50).

Recadación
A carreira, que ten un carácter solidario, recadou 5.000 euros para fines benéficos que leva a cabo a Fundación Real Madrid.