Concedida a Siresa licenza de obra en vía de legalización

Unha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente analizaba este xoves a legalización e proxecto de execución do edificio destinado a residencia universitaria, que leva pechado os últimos dous cursos.

Así, a Xunta de Goberno acordou conceder a Siresa Campus Noroeste, S.L. licenza de legalización e execución do edificio destinado a residencia universitaria. Trátase dun paso fundamental que dá o Concello para a apertura deste inmoble, cuxa necesidade é urxente para poder prestar servizo ao estudantado do campus.

Deste xeito, con esta licenza, a empresa xestora da residencia estará en disposición de realizar as obras precisas para a legalización do edificio. Unha vez rematadas, terán que achegar o certificado final das mesmas no Concello e a licencia de apertura se concederá por actuación comunicada, prácticamente de inmediato.