O Concello de Ourense vén de denunciar os actos vandálicos producidos no parque infantil de Santa Teresita.
Se ben non é a primeira vez que as brigadas municipais detectan casos de vandalismo no mesmo emprazamento, na noite do pasado mércores arrancaron a zona de caucho destinada a protexer as caídas na zona de xogos e causaron danos no muro de pedra que salva o desnivel do terreo.
Segundo as primeiras estimacións dos técnicos municipais, os danos poderían estar ao redor dos 2.150 euros, aproximadamente.