A UD Ourense regresa á competición despois da vitoria en San Rosendo diante do Sporting Celanova. E o fai no Couto este domingo -17:30 horas- ante o Viana no que será o partido da sexta xornada.
Os unionistas marchan na segunda posición con 12 puntos polos sete do Viana, na décima praza.
Desde a directiva consideran «importantísimo non perder puntos na casa» para poder lograr o obxectivo marcado do ascenso.
Movementos
Esta semana houbo movementos na plantilla. Ocampo deixa o club e Senén regresa á que fora a súa casa. Motivos laborais son os que precipitaron a decisión do ex do Arenteiro de abandonar a disciplina do equipo; o non poder adestrar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros fixo que o propio xogador e o adestrador tomaran a decisión.
O que si chega é Senén. O lateral despois de estar uns meses en terras madrileñas regresou a Ourense. Xa entrenou co equipo, polo que so falta que lle chegue a baixa á Federación galega para poder inscribilo e debutar. En caso de chegue antes desta fin de semana Antonio Dacosta podería convocalo para o encontro contra o Viana.
MVP
Para este partido farase entrega dos trofeos aos mellores xogadores tanto do equipo masculino coma do feminino. No mes de setembro recaeu en Rubén Durán e no feminino compartido entre Lo e Hele. Un ano máis será a web galiciadeportiva.es a que cederá os galardóns.
Concurso de fotografía
Xa se coñecen aos gañadores do concurso de fotografía que levou a cabo o club durante o verán.
Tres son os apartado e tres os gañadores: o de fotografía con máis «likes» foi para Samuel Seara, cunha foto realizada desde a Bretaña francesa; o premio do xurado (conformado pola directiva) foi para a de Pablo Carballo desde Machu Picchu (Perú) e a foto máis lonxana foi a de Roberto Almeida nunha isla da provincia tailandesa de Phuket.
Durante o partido da xornada número 8 -no Couto diante do Arnoia- farase entrega dos premios aos gañadores. O premio consta dunha camiseta e unha bufanda da tempada 2016-2017 da UD Ourense.