Terán lugar do 8 de outubro ao 3 de decembro.

Xornadas sobre o Medio Ambiente na Casa da Cultura de Verín

Entre os días 8 de outubro e 3 de decembro terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín de Verín varias xornadas temáticas sobre o Medio Ambiente, en concreto sobre o río Támega e o Invernadoiro. Devandita iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio, coa colaboración do Concello de Verín.

As mesmas, que se celebrarán os sábados de 18:00 a 20:00 horas, serán impartidas por expertos nas diferentes materias.

Programa

A primeira xornada será o 8 de outubro e abordarase o Plan Director do Río Támega e a experiencia da rehabilitación do Támega en Amarante. Na segunda, o 22 de outubro, falarase do ecosistema do Río Támega. Na terceira, 29 de outubro, tratarase a política de Medio Ambiente sobre este río nunha mesa rendonda. E a cuarta xornada será o 3 de decembro e falarase do pasado, presente e futuro do Parque Natural do Invernadoiro.