Moito ten que mellorar o Club Ourense Baloncesto que acumulou a segunda derrota noutras tantas xornadas. Nesta ocasión foi o Prat o que se aproveitou da debilidade ourensá.
Os homes de Gonzalo García de Vitoria estiveron en partido ata os primeiro minutos de segundo cuarto. E iso que o inicio foi negativo chegando a perder 13-5. Hittle mantivo aos ourensáns en partido recurtando distancias cos seus puntos.
Cando se fraguou a remontada (23-24) un parcial de 16 a 0 para os locais deron ao traste con calqueira posibilidade de vitoria.
No terceiro cuarto parecía que reaccionaba o COB á estela de Fran Guerra, pero sen unha opción real de darlle a volta ao marcador. O último, a pesar de que os cobistas o tentaron, foi un mero trámite para os catalanes.
Castelló
O próximo partido terá lugar no Pazo (venres 14, ás 21 horas) diante do Castelló, equipo que ten unha vitoria e unha derrota.