- Este evento ha pasado.
Cine: «Nebraska»
10 octubre, 2016 @ 8:00 pm - 10:00 pm
A Fundación Galicia Obra Social, Afundación, acollerá o luns, 10 de outubro ás 20.00 h, na súa sede de Ourense, a proxección da película «Nebraska» (2013) do director Alexander Payne. Esta iniciativa é parte do ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior», de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade, que se prolongará ata o 24 de outubro. Como parte da oferta da Área de Envellecemento Activo da entidade, o principal obxectivo é poñer en valor o papel activo que desenvolven na sociedade.
O propio nome da iniciativa cinematográfica condensa, á perfección, a súa razón de ser. Amosar a través da sétima arte a valía e orgullo de ser maior. A primeira das proxeccións é «Nebraska» (2013), do director Alexander Payne, ás 20.00 h. O filme estadounidense narra a historia de Woody Grant, un home con certos síntomas de demencia, que recibe un premio por correo e obriga o seu fillo a emprender unha viaxe para cobralo ante o escepticismo dos seus familiares e coñecidos.