Emocionante o partido vivido nos Remedios entre o Ourense Envialia e a Universidad de Alicante; terceiro e segundo clasificado, respectivamente.
O primeiro acto estivo marcado polo forte ritmo das xogadoras de ámbolos dous equipos, aínda que con dominio das ourensás. Froito dese dominio, Sara Moreno adiantaba ao Envialia.
A UA pouco a pouco foi collendo o seu sitio na cancha e as xogadoras de Chipi (técnico do Envialia) foron cedendo terreo. Isto supuxo o gol do empate. As visitantes estaban neses momento máis cómodas na pista e lograron darlle a volta ao marcador cun gol ao contragolpe.
Na segunda metade o encontro pasou por momentos nos que non había un claro dominador, se cabe as locais tiñan máis posesión e dominaban en tres cuartos de campo. A pesar do dominio chegaba o golazo das alacantinas para poñer o 1 a 3 no marcador.
A falta de cinco minutos Chipi optou polo xogo de cinco e este deulle bo resultado. Primeiro foi Marta para recurtar diferenzas, e máis tarde Sara Moreno (no minuto 38) para poñer o empate no marcador.
Os dous equipos non se conformaron e buscaron no último minuto facerse coa vitoria pero o marcador xa non se movería. Reparto de puntos nun partido vibrante.
Cidade
O Cidade As Burgas logrou unha importantísima vitoria que o fai sumar 6 puntos no seu casilleiro.
Nerea logrou adiantar ao Cidade no marcador. A ledicia durou pouco xa que o UCAM Murcia empatou aos dous minutos. Na segunda metade un gol de Candela daba a vitoria momentanea. As franxiverdes defenderon o resultado como puideron a pesar do empuxe local, pero o marcador xa non se movería.
Vitoria para deixar oco coas últimas posicións e agardar vindeiros compromisos con menos presión.