Os homes gañaron ao Atlético Novás e as mulleres ao Atlético Guardés.

Vitorias do Nova Xestión Pabellón

O partido do equipo sénior chegaba coas baixas de Noguerol e de Borja e contra un equipo que conta nas súas filas con xogadores que alternan co equipo de primeira estatal.

O forte ritmo foi a tónica do arranque de encontro. Lixeiras vantaxes dos ourensáns fixeron que se chegara ao descanso co resultado de 14 a 11.Os visitantes continuaron cun forte ritmo na segunda metade, pero os locais os manteñen a raia no marcador para que ao final o electrónico reflectira un 27 a 23.

Vindeira xornada
Os dous puntos tamén os obtiveron nesta primeira xornada de campionato o outro equipo ourensán. O que era o Viña Costeira, agora denominado Carnes do Ribeiro gañou o seu enfrontamento ante o Tui por 20 a 22.

Na segunda xornada enfrontaranse entre eles no que será o primeiro derbi ourensán da tempada na 1ª Autonómica. O partido terá lugar no pavillón Municipal do Consello (Ribadavia) o sábado ás 18:30 horas.

Feminino
O equipo feminino da Segunda Autonómica do Nova Xestión logrou a segunda vitoria da tempada. As ourensás lograron o triunfo diante do Atlético Guardés por unha renda mínima (19-18).

Dous puntos que se tiveron que loitar para que quedaran en Ourense. A igualdade foi tal que ao descanso se chegou con empate a oito tantos. So nos últimos minutos do encontro as locais foron capaces de establecer a pequena diferenza que reflexou o marcador.

O sacrificado esforzo de todas as xogadoras e a destacado conexión central-pivote entre Ana e Elisa, xunto coas intervencións da porteira Sarai levaron á vitoria ao Pabellón.

O Nova Xestión ocupa a cuarta posición con catro puntos. Esta semana visita ao Taboada, último clasificado.