Iván Feijoo finalizaba este domingo no posto 35 na proba da Copa do Mundo de Cyclocross de Valkenburg (Holanda), na categoria júnior.
Esta era a súa primeira participación nunha Copa do Mundo nesta tempada. Iván, que partía na posicion 36, tiña unha mala saída, quedándose dos ultimos; o que lle lastrou no resto da carreira e obrigouno a ter que remontar toda a carreira.
Narón e O Ferrol
Non só nesta cita había representación da Academia Postal – Actyon – MMR, xa que esta fin de seman emepezaba a Copa de Galicia con dobre cita, o sabado en Naron e o domingo no Ferrol.
En ambas as probas, corredores de Maceda tiveron unha destacada actuación. Así, Carlos Canal sumaba dúas vitorias na categoría cadete. Tamén lograba vitoria o sabado, Noela Saa en cadetes, mentres que o domingo a que vencía era Antía Martínez.
Román Saa, que se estreaba como Sub23, subía ao podio en ambas probas, sendo terceiro. Tamén estaban en podio, Aida González, segunda en Naron e Marco Nube, terceiro cadete en Ferrol.