- Este evento ha pasado.
Contacontos
29 octubre, 2016 @ 12:00 pm - 1:00 pm
O vindeiro sábado 29 de outubro, ás 12.00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín contará coa presenza dá actriz, e contadora de contos, Raquel Queizás que interpretará un conta contos que leva por título «O medo hai que entretelo».
Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é unha vella amiga e colaboradora da Biblioteca Municipal e coñece ben o seu proxecto de Voluntariado. Nesta ocasión ofrecera aos asistentes, de maneira totalmente altruísta, unha xornada de contos para superar os medos, e seguir celebrando o Samaín na Biblioteca.
Esta actividade está destinada a nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos que deben vir acompañados, e terá unha duración aproximada de 40 minutos.
Para participar na mesma non é necesario inscribirse.