- Este evento ha pasado.
Espectáculo: «O rueiro das liortas»
30 octubre, 2016 @ 6:00 pm - 7:00 pm
«O rueiro das liortas», nova proposta do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, chega esta fin de semana ao concellode San Cristovo de Cea –pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta- da man da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A peza teatral está especialmente pensada para todos os públicos desde os oito anos de idade e poderá gozarse o domingo, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade da sala, no Edificio Multiúsos ás 18:00 horas.
‘O rueiro das liortas’ está inspirada na comedia da arte italiana e no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. O dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes e un neno e unha nena que fan valer a súa verdade son os ingredientes desta comedia iniciática. A obra, vista desde unha óptica feminina, ofrece a súa particular visión dunha realidade na que as persoas teñen por afección meter o nariz onde non as chaman.
Na liña dos espectáculos creados pola compañía coruñesa Elefante Elegante, teatro visual baseado no texto e no movemento, a peza busca a universalidade e fusiona a palabra con outras linguaxes coma o teatro físico, a danza ou as artes plásticas e visuais. O obxectivo desta quinta proposta do ‘FalaRedes 2016’ é que a cativada e a mocidade se acheguen ao teatro en lingua galega por medio dunha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van dan man.
Despois de San Cristovo de Cea, o espectáculo ‘O rueiro das liortas’ tamén se poderá gozar no concello de Barbadás (o sábado 26); e máis en Castrelo de Miño (o domingo 27).