Chega unha nova xornada na Primeira división de fútbol sala e o fai co Ourense Envialia recibindo ao Gironella e ao Cidade visitando ao Rioja.
Envialia
As de Chipi buscarán tres novos puntos ante un equipo, o catalán, que tivo un comezo ligueiro moito mellor que en pasados cursos. O Gironella marcha na novena posición, con 10 puntos e un partido menos. As ourensás buscarán continuar coa racha que as leva a ser, nas sete xornadas disputadas, un dos tres equipos invitos (os outros dous son Universidad de Alicante e Futsi).
O perigo das catalanas está en Berta Velasco. A internacional leva catro goles neste arranque ligueiro.
Cidade
O Cidade das Burgas ten a opotunidade de poñer, aínda máis, terra de por medio cun rival directo pola salvación como é o Rioja. As franxivermellas visitan ao Rioja na procura dos tres puntos ante un equipo que, cun punto, está en postos de descenso.
Aínda que é moi cedo, unha vitoria ourensá faría crer na salvación moito máis temprano do que se podería esperar. As de Codeso con nove puntos están oito por enriba do descenso, polo que unha vitoria faría que como mínimo mantivera esa vantaxe, se non a incrementan.
Terceira división
Na Terceira división masculina o Carballiño recibe o sábado, 17 horas, no Paco Chao, ao Pontenova. Mentres, un Sala Ourense en racha, visita ao Mosteiro Bembrive.