Este luns a Asociación Veciñal As Termas, situada nas vivendas sociais ao carón da estación de autobuses, presentou no rexistro do Concello e no da Xunta de Galicia os respectivos escritos solicitando o arranxo da iluminación nos accesos á terminal de autobuses da cidade.
Uns accesos que se atopan nunha situación de total escuridade, o que xera inseguridade e malestar non só para viaxeiros senón tamén para as preto de mil veciñas e veciños das vi-vendas do entorno.
Motivos polos cales o presidente do colectivo veciñal, Ángel Gómez, destaca: «se teñen así a estación estando en funcionamento cando sexa trasladada se segue sen haber usos previstos non queremos nin pensar como estará” . “Non nos cansaremos de decilo, estase a tempo de evitar o abandono e de buscar solucións consensuadas para dar novos usos a esos terreos unha vez sexan trasladado», engade Gómez.