O Concello de Ourense leva invertido durante este ano 46.534 euros en obras de reparación, mellora e acondicionamento do Parque de Bombeiros. Este gasto foi realizado con cargo á Concellería de Servizos Xerais e consistiu na substitución e reposición de novas butacas instaladas na sala de descanso, en obras de acondicionamento e melloras interiores nas instalacións do edificio de bombeiros e en distintas reparacións de fontanería acometidas nos vestiarios do Parque de Bombeiros. Todas estas obras realizáronse e estanse a realizar en virtude das solicitudes deste servizo municipal.
Así foi exposto nunha reunión con mandos e representantes do corpo de bombeiros na que participaron o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos; e o edil de Servizos Xerais, Jorge Pumar.
Este encontro, expuxéronse as necesidades do servizo, nas que destacan as de persoal. A este respecto, púxose de manifesto que o Concello está en disposición de sacar á Oferta de Emprego Público sete prazas, máis outras dúas por vacantes (por xubilacións). En total, nove novas prazas de bombeiros.