Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine: «Lobos sucios»

9 noviembre, 2016 @ 8:30 pm - 10:00 pm

3€

A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia.

Comezará o mércores día 9, ás 20:30 horas, coa proxección do thriller (enfocado a maiores de 12 anos) “Lobos Sucios”, unha historia de amor e espionaxe inspirada en feitos históricos e personaxes reais: “No medio dunha atmosfera máxica, nunha mina explotada polos Nazis chamada a “cidade dos alemáns”, perdida nas montañas galegas e que tamén se usaba como cárcere, Lobos Sucios, conta unha historia de supervivencia, espionaxe e amor.”

Todas as películas que se exhiben en Cinemas de Galicia teñen un prezo de entrada de 3 euros ao estar patrocinados en parte os custos de proxección pola  Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e polos concellos que, como o de Verín, acollen esta iniciativa da Xunta de Galicia.

Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic coa finalidade de incrementar tanto o número de pantallas da Comunidade, como as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.

Detalles

Fecha:
9 noviembre, 2016
Hora:
8:30 pm - 10:00 pm
Precio:
3€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Casa da Cultura de Verín
r/Irmáns La Salle
Verín, Ourense 32600 España