Exposicións, conferencias e actividades na biblioteca recordarán o docente que formou a xeracións de verineses e sentou as bases da antropoloxía e historiografía local.

Verín recoñece a figura de Taboada Chivite

Cando se cumpren 40 anos do pasamento do maior erudito local de Verín, Xesús Taboada Chivite, o Concello de Verín promove un amplo programa de actos, coordinado pola Biblioteca Municipal, para lembrar ó que foi o maior estudioso e difusor da cultura local, ademais de docente de varias xeracións de alumnos que se formaron na súa academia. O Goberno muncipal prantéxase este “ano Taboada” como un recoñecemento á figura renacentista dun home que “sentou as bases da historiografía e da antropoloxía local, un verinés completo que nos ten que servir de exemplo a todos”, segundo o alcade, Gerardo Seoane.

Os actos comezarán o 21 de novembro, coa inauguración dunha exposición monográfica na Bilbioteca de Verín, con fotografías, obxectos e diversas curiosidades, e continuarán o 22 ás sete e media da tarde coa conferencia de Xulio Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico de Ourense, sobre a figura de don Xesús Taboada.

O xoves 24 de outubro continuará o ciclo coa conferencia de Ramón García Gómez, doutor en dereito civil e especialista en fortalezas medievais, que falará das investigacións de Taboada sobre o Castelo de
Monterrei.

O colofón será o venres 25 de novembro coa conferencia de Xesús Taboada Cid, fillo do homenaxeado, coa conferencia “A visión de don Xesus Taboada dende o seu fillo”, tamén na Casa da Cultura ás 19.30.

Igualmente, no Auditorio de Verín comeza unha exposición divulgativa da obra e vida de Taboada, que poderá ser visita durante todo o que resta de ano.