O rali disputarase os días 12 e 13 de novembro.

O III Ralimix de Barbadás contará con 60 vehículos

O III Ralimix de Barbadás contará con 60 vehículos e disputarase  os días 12 e 13 de novembro. A proba é puntuable para o campionato galego da especialidade.

Desde a organización contan que o número de participantes chegue ás 3.000 persoas entre participantes e afeccionados.

O percorrido, que conta con 5 quilómetros de distancia, descorre case íntegramente por camiños e pistas forestais, excepto os primeiros 100 metros, que descorrerán pola estrada OU-160.

O trazado da proba transcorrerá por diferentes lugares do municipio: Cimadevila, A Fraga, O Furón, A Capela e A Moura. Conta cun percorrido de 5 quilómetros de distancia

Participantes
Na competición participarán, entre outros, o actual campión de España en rally de terra, Javier Pardo; Víctor Senra, campión da proba homónima de Ferrol, puntuable para o campionato de España e Abel Jurado, campión galego de rally mix.

Tamén estará a carrocería Choqueiro de Ourense, José Fernández Gonzaba, de Coruña e Tino Igleisas pai e fillo. Participará tamén unha escudería de Canarias e Perfecto Calviño, quen presentará prototipos de ya/car

Juan Carlos Villanueva (“Marabú”), presidente da Escuddería Barbadás anunciou que “haberá unha sorpresa dun coche moi potente e contará  coa presenza dun coñecido piloto» que non quixeron desvelar a súa identidade.