O Nova Xestión Pabellón Ourense logrou unha nova vitoria na casa do Balonmán Tui por 19 a 22.

O Nova Xestión, en boa liña

O Nova Xestión Pabellón Ourense logrou unha nova vitoria na casa do Balonmán Tui por 19 a 22.

O partido da cuarta xornada de Primeira Autonómica comezou do lado dos ourensáns cun parcial de 1-4. A boa defensa sobre o pivote local fixo que ao descanso o partido tivera un resultado de 10 a 11.

O segundo tempo seguiu o acerto defensivo dos homes de Diego Lorenzo ciscunstancia que fixo que as rendas oscilaran entre os dous e os catro goles de vantaxe.

O final foi máis apretado do desexado debido a dúas exclusións ourensáns (Xurxo e Noguerol) facendo peligrar o triunfo. Pero un penalti parado por Fernando tranquilizou aos pavillonistas rematando o encontro co 19 a 22.

Agora son terceiro con tres victorias e unha derrota. A próxima semana toca outra vez desprazarse, esta vez, para enfrentarse ó Pontedeume.

Feminino
E o conxunto feminino que continúa coa súa racha positiva. Nesta ocasión logrou a vitoria na pista do Camariñas por 25 a 32.

Na primeira metade o Nova Xestión estivo por diante no marcador pero sen dispararse a diferenza. Ao descanso o marcador reflectía un 13-16.

Unha mellor defensa na segunda metade xunto a unha boa definición fixo que pouco a pouco se marcharan no electrónico ata chegar ao 25 a 32  final.

Esta é a quinta vitoria das pupilas de Zarra que as coloca segundas na táboa. A próxima xornada reciben na casa o Bm Culledero; sábado, 18 horas, anexo pavillón.