A xornada número 9 da LEB Ouro deparaba no Pazo dos Deportes Paco Paz un Club Ourense Baloncesto contra o Sáenz Araberri.
Os dous chegaban a esta cita con cinco vitorias e tres derrotas. Tanto ourensáns coma vitorianos confeccionaron as súas plantillas moi tarde. O COB está realizando un bo inicio de campaña e o Araberri está considerado como o equipo revelación.
Que non ía ser o día dos locais pronto se soupo. No primeiro cuarto os visitantes lograron unha renta de oito puntos para finalizar os primeiros 10 minutos cun parcial de 12 a 20.
No segundo cuarto apareceron puntualmente Kapelan e Hittle para recurtar diferenzas. Porén, Berhanemeskel, un dos mellores anotarodes da Liga puxo, con dúas triplas, o marcador de 34-40 ao descanso.
O terceiro cuarto foi para olvidar. Os erros dos homes de Gonzalo García de Vitoria á saída de vestiarios condenaron ao COB. Os vascos, pouco a pouco, foron distanciándose no marcador ata lograr unha vantaxe de 18 puntos.
Hearst, Berhanemeskel e Papantoniou estaban nunha festa na que non había ningún xogador cobista invitado. O terceiro cuarto rematou co resultado de 50-66.
Cando parecía que todo estaba perdido os xogadores cobistas non baixaron os brazos e a piques estiveron de completar a remontada. Canastra a canastra o COB foi recurtando puntos ata que chegar aos catro abaixo (65-69) con catro minutos por disputar. Máis se apretaría o marcador a medio minuto para o final (71-72).
Hearst, con dous tiros libres antotados poñía o 71-74. Na xogada seguinte con balón para os ourensáns, Christian Díaz non está acertado e perde o balón aproveitandoo o equipo rival para poñer o insalvable e definitivo 71 a 76.