- Este evento ha pasado.
Exposición: «Manuel Mª, beleza, amor e compromiso»
17 noviembre, 2016 - 30 noviembre, 2016
O vindeiro día 17, xoves, ás 19:00 horas, o Ateneo de Ourense inaugura a exposición «Manuel Mª, beleza, amor e compromiso. 1929-2004».
Esta exposición enmárcase na programación de actividades conmemorativas das Letras Galegas 2016 posta en marcha desde a Xunta de Galicia, por iniciativa conxunta da Consellería de Cultura –a través das secretaría xerais de Cultura e de Política Lingüística– e mais da Casa-Museo Manuel María.
Dun xeito ameno e gráfico, a mostra aborda a personalidade do autor e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. A identificación do poeta coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios son algúns dos aspectos nos que afonda a mostra.
Permanecerá no Ateneo de Ourense ata o vindeiro día 30 de novembro para difundir a traxectoria vital e literaria do poeta da Terra Chá.