Barrios de novembro

As obras para abrir as arterias principais de Verín aos peóns son a imaxe de portada do número do mes de novembro do periódico Barrios.

No interior da publicación, entrevistamos a Carlos Montero, director do Festival de Curtametraxes de Verín, que se celebra en decembro, e incluímos unha reportaxe sobre os negocios de segunda man.

 

Asemade, facemos balance da vendima na DO Monterrei, informamos da aprobación do orzamento de 2017 do Concello de Allariz, e repasamos as iniciativas para atraer turistas postas en marcha en Celanova.

A celebración da II Feira do Outono en Verín, os actos previstos para conmemorar o Día contra a violencia de xénero en Verín e Allariz, e as actuacións da Confederación Hidrográfica para mellorar a calidade da auga do río Limia son outros dos referentes informativos deste número

O resultado da Carreira Popular de Monterrei é un dos temas destacados na sección de deportes, mentres que en ocio e cultura informamos dos concursos para elixir os carteis dos próximos entroidos en Xinzo e en Verín.

Estes e outros contidos, disponibles para a súa lectura no seguinte enlace.