Outra das noticias destacadas é o derbi ourensán da Primeira división de fútbol sala entre o Ourense Envialia e o Cidade das Burgas, coa vitoria do primeiro.
O Bande e a Unión Deportiva Ourense xogarán un dos partidos máis atractivos da Primeira Galicia en anos. Seguindo co fútbol facemos un repaso de como van os equipos ourensáns en Terceira división e a Rexional Preferente.
A Operación Quilo regresa un ano máis e o fará coa colaboración dos clubs da cidade, que se volcarán nesta iniciativa.
O CD Ourela organiza esta fin de semana dous eventos: a Copa Deputación para os patinadores da provincia, e unha gala cos mellores deportistas galegos da disciplina. Os eventos terá lugar no pavilón universitario e no Paco Paz, respectivamente.
En BTT o ciclista Iván Feijoo é o actual líder da Copa de España de ciclocross tras quedar segundo en Les Franqueses (Barcelona).
Balonmán, natación, xadrez, fútbol gaélico, e moito máis, no número 150 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha