Apostando forte, presentando en primicia en España distintos modelos e ofrecendo as últimas novidades con descontos especiais de feira. Con máis de 300 vehículos expostos valorados en total en máis de 5 millóns de euros, abriu as súas portas o 8º Salón do Automóbil Novo contando coa participación de todos os concesionarios asociados a A.C.A.U.TO., é dicir, 17 empresas que presentan os últimos modelos de 33 marcas.
O 8º Salón do Automóbil, organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.TO. foi inaugurado nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada. Todos eles destacaron o peso do sector do motor para a provincia de Ourense. Tamén estivo presente o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, entidade que por segundo ano consecutivo patrocina este salón.
Pola súa parte, o vicepresidente de A.C.A.U.TO., Gerardo Aragonés, aproveitou para dar as grazas á Cáritas “por deixarnos achegar o noso grao de área. Calculamos que ao final do salón A.C.A.U.TO. poida entregarlles máis de 5.000 euros”. Por cada vehículo vendido, o concesario correspondente faralle unha doazón de 15 euros a esta entidade.
Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.
O horario do 8º Salón do Automóbil para esta fin de semana será de 10 a 20:30 o sábado e de 11.00 a 20.00 h. o domingo. O prezo da entrada é de 3 euros.
A vindeira fin de semana celebrarase o 8º Salón do Automóbil de Ocasión.