O árbitro decretou o final do encontro no minuto 88 cando o marcador reflexaba empate a un entre Bande e Unión Deportiva Ourense.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

Bande - UD Ourense. RAMSÉS.

O partido máis esperado da Primeira de Galicia -grupo 4- rematou antes de tempo por que así o quixeron as torretas de luz.

Aos cinco minutos de poñerse en fucionamente a luz artificial, os focos se apagaron; volveron e por segunda vez un fallo eléctrico fixo que volveran a apagarse.oi nese momento cando o colexiado decretou o final do encontro.

Agora falta saber se a federación determina o final do encontro ou obriga aos dous conxuntos a xogar o tempo que resta para finalizar.

En canto ao encontro, partido de poder a poder entre as dúas grandes sensacións da Liga. Bande e UD Ourense chegaban a esta cita empatados a puntos e se marchan de igual maneira.

Os dous equipo comezaron con moita intensidade, se cabe o Ourense era máis incisivo de cara á portaría contraria. O Bande buscaba en balóns colgados segundas accións para sorprender.

O primeiro que golpeu foi Cristian Dacosta. O dianteiro internouse pola banda na área e o seu golpeu rematou no fondo da malla facendo inútil a estirada do porteiro local.

O Bande non se amilanaría a iría a polo empate. Este chegou minutos máis tarde cun balón colgado a área que Quini encargaríase de convertilo en gol.

A segunda metade tivo moito de medio campo. O Bande avisou primeiro, pero conforme pasaban os minutos serían os capitalinos os que terías as ocasións máis claras.

Unai, por dúas ocasións, e máis clara de Hugo non fixeron que o marcador se movera. Despois chegaría o minuto 88 e o que todos saben. Falta de luz, final de partido e a agardar o que determine o comité sobre os dous minutos que restan de partido.

Adestradores
Os dous adestradores daban por bo o resultado e consideran que o partido debe darse por concluído.

Iván González, técnico do Bande, remataba o partido «superorgulloso» dos seus xogadores. E vaticinaba que xogando así «o verán que vén estaremos celebrando o ascenso».

Antonio Dacosta, adestrados da UD Ourense, aseguraba que o seu equipo fixo máis méritos «para levarse o encontro». Dacosta aseguraba que antes do encontro «firmaría o empate».