A institución provincial destina un presuposto total de 640.000 euros para as diferentes modalidades. As bases -cos requisitos para poder concorrer ás mesmas- xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
Clubs
Para os clubs o prazo máximo para presentar as solicitudes rematará o 20 de decembro de 2016. O importe máximo será de 24.000 euros.
Deportistas
Os beneficiarios destas axudas son as persoas físicas que sexan deportistas federados, de categoría de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais, de nacionalidade española ou residentes legais en España.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 20 de decembro de 2016.
Cooperación cos concellos
As axudas a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico-deportivas 2017. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos ourensáns de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades de municipios da provincia de Ourense. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 28 de febreiro de 2017.
Entidades deportivas
O BOP tamén publicou as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2017.
O prazo de presentación de solicitudes ten dous períodos, o primeiro ata o 28 de febreiro de 2017 e; o segundo, desde o 1 de xuño ata o 30 de xullo de 2017.
Copas Deputación 2017
O programa de Copas Deputación, de gran tradición na provincia, tratan de garantir a continuidade de determinadas competicións deportivas amateur.
Nalgúns casos son a única actividade regulada que se organiza na provincia para determinadas disciplinas deportivas.
As solicitudes pódense presentar ata o 20 de decembro de 2016.