Primer partido de liga e victoria contundente para o equipo masculino do Auriense FG por 31 (08-07) a 11 (02-05).
No encontro ante o debutante Cambados FG, impuxeron dende o comezo un ritmo de xogo moi alto e, con moito acerto cara á portaría e paos contrarios. Isto supuxo que conseguiron marcharse e sentenciar xa no primeiro parcial.
O equipo feminino tamén conseguiu a victoria, nun encontro moi igualado ata o descanso. As ourensás lograron anotar con acerto dende paos e, deste xeito, conseguir a victoria contra Ártabras da Coruña. O resultado final foi de 18 (03-09) a 9 (01-06).
O sábado que vén, xogarán na casa ante un rival directo, Mecos do Grove, no partido aprazado da segunda xornada. Dobre cita no Campus universitario, xa que as féminas xogan ante as Mecas.