Este martes o Club Ourense Baloncesto recibe no Pazo -21 horas- ao Calzados Robusta da Rioja.

O COB agarda a Rioja no Pazo

Coa tranqulidade de sete vitoria en once xornada chega un novo partido no que o COB tentará seguir coa racha e sumar un novo triunfo diante da súa afección.

O partido contra Rioja, a pesar que son os pechacancelas, non se presume sinxelo. Despois de perder no último partido na casa contra Araberri, o adestrador Gonzalo García de Vitoria non quere relaxacións na súa plantilla.

O técnico advertía que «quen pense que vai ser un partido sinxelo vaise levar un chasco». E é que a clasificación de Rioja «non é acorde á súa calidade» aseguraba García de Vitoria. E recordaba que as dúas vitorias coas que conta lográronse nas catro últimas xornadas.

 

Flis
O pívot levou un forte golpe no último partido de Liga e será dúbida para este encontro. As exploracións descartaron unha grave lesión, e aínda que todavía ten dolor no xeonllo é posible que esté ás ordes do técnico.

En ataque son un equipo temido, con boas porcentaxes de tiro. O lunar deste Calzados Robusta é a súa defensa. Conceden moitos puntos por partido ao seu rival o que lle fai que lles custe sacar adianta os encontros.

Xogadores
O rival ten unha ampla plantilla. Sen Marko Popadic, que se desvinculou do club, os nomes propios do equipo de Logroño son: Adrián Laso, Carles Bravo, Andre Norris e o seu capitán, o ex do COB, Alberto Ruiz de Galarreta. O aleiro sumou a pasada xornada o seu partido número 400 na LEB Ouro. Mahón, Inca, Canarias, Vigo, COB e Rioja foron os seus equipos na Liga. Tamén xogou uns partidos na ACB na tempada 2009-2010 co Obradoiro.