O COB xogaba este martes no Paco Paz contra Rioja a xornada nº 12 de LEB Ouro.
O primeiro cuarto remataba cun parcial de 21-11 para o COB, moi superior nos dez primeiros minutos do encontro. Rioja non ofrecía resistencia en defensa, concedendo moitas segundas xogadas. O COB pouco a pouco foise alonxando no marcador, chegando ao descanso cun resultado de 40-24.
No terceiro cuarto, altibaixos para o equipo local, que comezou moi acertado e chegou a ter unha renda de 16 puntos. Aos poucos, os rioxanos foron recurtando ata finalizar o cuarto 58-49.
No último tempo Rioja apretou, poñéndose a sete puntos. Mais cinco puntos seguidos de Kapelan cortaron a reacción visitante. Contemporizar o xogou valeulles aos homes de Gonzalo de Vitoria para que non perigara ao partido. Ao final, 79-72.
Con este resultado, Club Ourense Baloncesto sitúase temporalmente en 4ª posición, con oito vitorias.