Este mércores 30 de novembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil abre o prazo de inscrición do “Ludonadal”, unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Devandita iniciativa comenza o 22 de decembro e remata o 6 de xaneiro.
‘Ludonadal’ terña lugar no Pavillón de Deportes Municipal de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os sábados só de mañá, de 10 a 14 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 40 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 20 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).
No marco de ‘Ludonadal’ tamén terán lugar varias actividades como A árbore dos desexos (elaboración dunha árbore xigante que os cativos decorarán con material reciclado e os seus desexos para o novo ano), Gran xogo do boneco de neve saltarín, Cine infantil de Nadal, Modelado de barro e arcilla (modelado de estrelas, bolas, campás, boneco de neve…), Día dos Santiños Inocentes, Realización de postais e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín, Maquillaxe infantil de festa e globoflexia, Gran cotillón infantil (31 de decembro, dende as 10 horas con disco móbil, animación, baile e photocall, e ás 12 horas badaladas para despedir o 2016), Festa do doce do Nadal e obradoiro de galletas, Obradoiro de corcho (figuras dos reis, anxos renos,… feitas con corcho), Cabalgata de Reis Magos,…
Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988 414 776.