O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín (FICV) presentou o seu programa oficial, que comeza o luns 5 de decembro coa inauguración. Ás 21:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal o acto oficial de inauguración do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, que será presentado polo reputado actor verinés Toño Salgado.
Para abrir esta primeira edición, a organización do Festival contará coa presentación (por parte do propio director e outros membros do seu equipo de rodaxe) e a posterior proxección da curtametraxe “El Pozo”, dirixido polo verinés Hector Domínguez-Viguera Queija e que conta como protagonista principal a Aitana Sánchez Gijón.
As entradas para o acto de inauguración, que serán gratuítas e numeradas por orden de chegada, poderán retirarse no propia taquilla do auditorio a partir das 17:00 horas do mesmo día do evento.
Selección oficial
O FICV seleccionou este ano 39 curtametraxes internacionais nas súas tres seccións oficiais a concurso. O certame, que celebrará a súa primeira edición do 5 ao 11 de decembro, contará cunha selección final de obras de ficción, animación e documental, todas elas dun gran nivel procedentes de Galicia, Colombia, México, España, Brasil e Luxemburgo.
As curtametraxes internacionais que este ano integran a sección oficial a concurso foron elixidas entre 650 traballos recibidos pola organización do FICV de un total de vinteún países. O festival desenvolverá a súa programación, do martes 6 ao venres 9 de decembro, en diferentes sesións que terán como escenario o Auditorio Municipal e o Salón de Actos da Casa da Cultura. O acceso ás dúas salas de proxección será libre e gratuíto ata completar aforo. Ademais dos curtos nacionais, o certame verinés contará cunha selección de traballos internacionais que conforman unha completa e atractiva grella de programación.
Cada sección oficial esta conformada por dous bloques de curtametraxes que se repetirán ao longo da semana en tres ocasións cada un deles para facilitar aos asitentes oa FICV que, na medida do posible, poidan ver todas as cortometraxes sen que interfira coas súas axendas laborais:
Sección Emigración:
· Bloque 1: Share o no Share, Kamishibai, Stalingrado, The heat wave, 17 años juntos, Donde caen las hojas.
· Bloque 2: Salsa, Diente de León, Cómplices por accidente, Alone, 56, Haters.
Sección Entroido:
· Bloque 1: Ikal, Taller de corazones, el quimérico espectáculo de los Bizzaneli, Cruel perdón, Dieciocho, Brice Gallagan
· Bloque 2: O Moredo, La conmoción del silencio, Criaturitas, Juegos de risa, Ulises, O proxecto do meu pai
Sección Fronteira:
· Bloque 1: Wut, El pozo, Naara, Por eso no tengo hermanos, A prueba, El chico del diente de oro.
· Bloque 2: Fronteiras de enerxía animal, Sin tu latido, Restart, El Dibujo, Rebelde, Polo, Vostok, Anadir.
Gala final, o 10 de decembro
O sábado 10 de decembro celebrarase no Auditorio de Verín, ás 10 da noite, a gala de clausura do Festival Internacional de Curtas de Verín- Vía XIV. Será un evento gratuíto e aberto, que permitirá que todo aquel que desexe achegarse ó acto só teña que retirar previamente invitacións para garantir a reserva de praza no recinto.
A gala estará presentada polos actores Alberto Rolán (verinés, coñecido pola súa participación en series coma Terra de Miranda ou Matalobos) e Machi Salgado ( quen o ano pasado recibiu o premio María Casares polo seu papel protagonista na obra teatral Feo). Ambos serán os anfitrións de honor que conducirán o acto de clausura do Festival de Curtas de Verín. Nesta noite anunciaranse os gañadores dos 7 premios dos que dispón o Festival (entre os que se atopan o Premio do xurado á Mellor Curtametraxe na Categoría Entroido, ou o Premio do público ao mellor curtametraxe) pero tamén contará con actuacións de luxo.
Maren Ladson, que con tan só 18 anos xa impresiona coa súa voz profunda e a súa música que mestura o folk co pop e o rock, estará presente no evento e deleitará aos asistentes con varios temas en directo. Unha actuación que servirá de adianto do lanzamento do seu primeiro disco, que sairá a luz no 2017.
Por outra banda, un equipo de seis persoas -integrado por Xabier Vaz e outros cinco músicos, tres deles tamén voces solistas, será o encargado de xestionar o son da gala final do Festival Internacional de Curtas – Vía XIV. Farán medleys de bandas sonoras de filmes moi populares que todo espectador cinéfilo coñecerá.
A noite promete emoción e diversión a partes iguais, e será o broche final a unha semana (dende o luns 5 de decembro) na que a vila de Verín se encherá de cine.
A partir do mércores 30 de novembro están dispoñibles na web oficial do evento os horarios para realizar a reserva presencial anticipada das entradas.