- Este evento ha pasado.
Exposición: «As nenas e nenos soldados»
1 diciembre, 2016 - 20 diciembre, 2016
Dar a coñecer a grave problemática da utilización de menores en conflitos armados é o obxectivo das charlas e a exposición que baixo o título ‘As nenas e nenos soldados’ desenvolve estes días o Concello de Verín como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na actualidade calcúlanse nuns 250.000 os cativos e cativas que son explotados nas guerras de 18 países.
Sobre estas situacións chama tamén a atención a mostra ‘As nenas e nenos soldados’ que ata o día 20 se amosará na Casa do Concello de Verín. O artista senegalés Momar Badiane denuncia a través dunha serie de debuxos a situación das nenas e nenos combatentes e convida a reflexionar sobre ela. A ONU, apoiándose na campaña da Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados, adoptou no ano 2000 un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos, así como a obriga por parte dos Estados de axudar á reinserción. Ata hoxe foi ratificado por 120 países.