Presentouse a tenda online da Unión Deportiva Ourense á vez que o equipo xogará esta xornada ante o Ribeiro.

A tenda online da UD Ourense

A sede de Oeste Marketing foi o lugar elexido para a presentación da tenda online da Unión Deportiva Ourense.

Unha tenda virtual que achegará o club a todas aquelas persoas tanto que estén en Ourense como aquelas que estén lonxe do calor da cidade das Burgas.

Varios serán os produtos que se poderán adquirir na tenda como poden ser: ás camisetas desta tempada, a 25 euros; a bufanda, a 10 euros; o libro, a 15 euros; a  cervexa, a 3; e outros produtos de marketing do club.

Crecemento
O crecemento da web é notorio neste ano. Son preto de 6.000 as persoas que visualizan a web cada mes. E non so de Galicia ou de España, senón que de varios países visitan a web como Italia, Alemania, Suiza ou Portugal, entre outros.

Ribeiro
No tocante á xornada desta fin de semana a UD Ourense visita o sempre complicado campo de San Cristóbal para enfrontarse ao Ribeiro.

Os de Ribadavia son sexto con 23 puntos e un dos equipos fortes desta Primeira Galicia. Están a 13 dos seus rivais desta semana e a 11 do ascenso.

Os homes de Antonio Dacosta buscarán unha nova vitoria que os manteña ao fronte da clasificación logo de encaramarse a semana pasada ao primeiro posto.

Feminino
O equipo feminino disputa o seu encontro este domingo a partir das 12 horas en Velle. O seu rival, o Alertanavia.