A Unión Deportiva Ourense perde o seu segundo partido de Liga fronte o Ribeiro.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

Ribeiro - UDO. /RAMSÉS.

2 a 1 foi o resultado do encontro disputado en San Cristóbal entre o Ribeiro e a Unión Deportiva Ourense.

O encontro, nun campo de tan pequenas dimensións, presumíase moi trabado e que decidirían as xogadas de estratexia e as segundas accións o devenir do mesmo.

Na primeira metade, poucas ocasión pero algunhas de certo perigo. Unai logrou anotar o primeiro da tarde (0-1) e Cristian Dacosta a piques estivo de conseguir outro para os vistantes. Polo bando local, a dianteira fixo traballar ao gardamallas unionista (con dúas paradas de mérito, ata que ao filo do descanso Peli logrou o empate.

Na segunda metade o mesmo guión. Balóns colgados ás áreas en busca de segundas xogadas. Ata que Yago recolleu o rechace e anotou o segundo tanto local.

A tentativa de remontada da UD Ourense moriría nunha falta. O balón quedaría na barreira, a medio camiño da portaría; no reflexo do que foi un partido, un non querer e non poder.

Bande
A derrota do Ourense e a vitoria do Bande (3-1 fronte o Vilariño) fai que os de Iván González regresen á primeira posición con 3 8 puntos, 37 teñen os capitalinos.