Repartidos en 11 clubs.

O Torneo de Nadal reunirá a máis de 500 ximnastas

Xa está todo preparado para que 574 ximnastas ourensáns -e tamén galego- inunden o pavillón dos Remedios este martes 6 de decembro.

O motivo é a celebración do X Torneo de Nadal de ximnasia. Un clásico nestas datas que conta cunha gran representación das promesas da ximnasia galega.

Coma sempre será un evento lúdico e non competitivo, no que os xóvenes deportistas porán en valor todo o aprendido ata agora. Ximnasia rítmica e de trampolín estarán presentes nesta cita. Un dos clubs que estarán este ano,  xunto ao organizador Pavillón será o Burgas.

Temática
O estar nun ano no que se celebraron os Xogos Olímpicos de Río a temática será olímpica; as coreografías estarán acompañadas por distintas músicas do mundo que farán referencia aos Xogos.

Operación Quilo
Un ano máis o torneo colaborará coa Operación Quilo. Na entrada das bancadas da cancha central do pavillón dos Remedios colocaranse carros para que o público que acuda leve alimentos non perecedoiros.

Desde a organización esperan poder recadar en torno a 1.000 quilos de alimentos.

III Festival de Inverno de Ximnasia
E o xoves 8 de decembro a partir das 12h terá lugar o III Festival de Inverno de Ximnasia no pavillón municipal de Xinzo de Limia.

Máis de 350 deportistas pertencentes aos clubes Pabellón CXP, Pabellón EXP, E.M Barbadás, E.D. Celanova, E.D Maceda, Club Xiada de Pontevedra e o clube organizador EDC Xinzo, que unha tempada máis está aumentar o seu número de deportistas inscritos, o cal o leva ser unha referencia no deporte limián, e na ximnasia a nivel provincial e autonómico con máis de 120 ximnastas.