Novena vitoria do curso do Club Ourense Baloncesto, nesta ocasión ante un débil Cáceres.
Os ourensáns non deron opción a un conxunto estremeño que apenas inquedou -salvo nos primeiros minutos- aos homes de Gonzalo García de Vitoria.
Esto propiciou que xogarán moitos minutos ata os menos habituais, incluso dispuxeron do seu tempo os xogadores do filial Arriaga e Yannieck.
Mitrovic estivo de quero no que foi o seu mellor partido no Pazo e a «Canaria´s Conexion» (Christian Díaz e Fran Guerra) tivo momentos en que os rivais nada puideron facer máis que ser espectadores de luxo. Pero Djukic tamén realizou un partido completo. Os demais estiveron á altura, pero con menos destacados.
Nos primeiros minutos os visitantes colleron distancia, pero deseguido os ourensáns deron a volta ao marcador. A renda chegou a irse ata os 32 puntos e quedaban un cuarto por disputarse.
O verse gañadores, os cobistas baixaron un par de marchas e aínda así ao final do encontro a diferenza foi de 24 puntos (79-55).
Pase o que pase no resto da xornada o COB estará en postos altos da clasificación na LEB Ouro con nove vitorias. De momento Retabet, Melilla e Burgos venceron os seus encontros.
Duros rivais
Ata final de ano o Club Ourense Baloncesto ten tres pedras de toque. O vindeiro venres visita a Palencia; o martes 20 recibe ao líder, Lleida e pecha o ano en Lugo fronte ao Breogán.