O líder da Terceira división de fútbol sala, Sala Ourense, pecha o ano contra o 5 Coruña coa mente posta en manter o liderato.
O encontro terá lugar o sábado ás 17 horas na central dos Remedios. Ademais de ser o último do ano é o que peche a primeira volta.
Os ourensáns ocupan a primeira praza con 27 puntos, dous máis que o seu máis inmediato perseguidor: o Pazos de Borbén, que se enfronta nesta xornada ao Superti A Pontenova.
Pola súa banda, o Carballiño visita ao Mosteiro Bembrive. Os de Arenteiro avantaxan en dous puntos aos rivais desta semana.
Unha vez rematada a xornada desta fin de semana a competición para ata o 14 de xaneiro.
Mellores
O Sala Ourense entregou os premios aos mellores xogadores do mes de novembro do equipo sénior -Premio Gadeca- e da base -Trofeo Abril Gran Selección-.
Iván Costa Trigo «Allariz», do primeiro equipo e José Manuel Silveira, do infantil, foron os elexidos como mellores xogadores do club do mes de novembro.