Este xoves, terá lugar no Pavillón dos Remedios, o torneo de natación Hai que mollarse!, organizado polo Consello Municipal de Deportes en colaboración co Club de natación Pavillón Ourense.
O evento está dirixido aos nenos e nenas que toman parte nos cursos de natación que se imparten ao longo do ano na instalación e tomará como obxectivo gozar aprendendo a nadar e que servirá de primeira exhibición para as familias dos progresos dos seus pequenos nestes meses.
Ademais da participación por parte da iniciación dos cursos, tamén tomarán parte as categorías base e da escola do CNPO que nadarán mostrando un dominio do catro estilos natatorios ,nos que participan ao longo da tempada en numerosas competicións.
A inscrición leva aberta varios días e que este ano incorpora un lado solidario, xa que cada participante e os seus acompañantes achegarán un quilo de alimentos que serán recolleitos na propia piscina.
O comezo está previsto para as 18.30 horas para gozar dunha tarde de natación dirixida aos máis pequenos, na que se recompensará o seu esforzo, ademais doutras moitas sorpresas.