O Club Ourense Baloncesto visita este venres a un dos favoritos ao ascenso, Palencia.

Difícil saída do COB a Palencia

O Palencia ten o ascenso asegurado para a próxima tempada á ACB; ou alomenos ten un ascenso en diferido como o que xa tivo o COB e finalmente non puido subir.

Este ano o Palencia volveu a crear un gran equipo que loitará ata final de tempada por gañar a LEB Ouro. Grandes nomes que fan que sexa unha das mellores plantillas da competición.

Bas, Blanch, Samb, o ex do COB Zamora, e sobre todo, Urko Otegui son nomes propios que fan de Palencia un dos equipos máis temidos na competición.

Pero enfronte estará un COB que está rendindo a un gran nivel. Mostra delo é que entre palentinos e ourensáns só hai unha vitoria de diferenza (10 para Palencia e 9 para COB).

Chaves
As chaves do partido pasa por que os homes de Gonzalo García de Vitoria minimicen as perdas de balón e os puntos que consiguen en bloqueo directo. Tamén o rebote será importante, para non deixarlle demasiadas segundas opcións durante o encontro.

Xornada
Esta xornada xa ten un partido disputado. O adiantado entre Lleida e Barça B con vitoria para os primeiros o que lles levou a ser líderes.

Outros encontros destacados desta décimo cuarta xornada son o Breogán – Araberri; Oviedo – Palma; e Retabet – Melilla.