O 31 de decembro no parque do Barbaña. Ao final das carreiras haberá unha "Chocolatada".

Ourense contará coa súa San Silvestre

O que era unha demanda por unha gran parte dos atletas locais, este ano convertirase en realidade. O sábado 31 de decembro terá lugar en Ourense a primeira edición da “San Silvestre Ourensá”.

Unha proba que terá lugar no entorno do parque do Barbaña e que contará con catro carreiras.
A partir das 16:30 h os pitufos serán os primeiros en percorrer unha distancia cercana aos 100 metros; ás 16:35 horas será o turno dos benxamíns e alevíns que disputarán unha carreira de 1,4 km. A seguinte carreira prevista será para as categorías infantil e cadete percorrerá 2,35 km. E finalmente, ás 17 horas será o turno da proba absoluta sobre unha distancia de 7,05 km.

Inscricións
As inscrición están abertas ata o martes 27 de decembro. O custe na categoría absoluta é de 5 euros, para o resto de categorías é de balde.
A inscrición debe realizarse na web carreirasgalegas.com.

Recollida de dorsais
A recollida de dorsais e chips terá lugar en Turini, rúa Cardenal Quevedo, 19, o día 30 de decembro de 16:30 a 20:30 horas. Co dorsal todos os participantes recibirán unha bolsa de cotillón. O día da carreira non se entregarán dorsais.

Premios
Todos os participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
Os tres primeiros clasificados das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, homes e mulleres, recibirán unha medalla. Os tres primeiros da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.

Chocolatada
Unha vez rematadas todas as carreiras a organización ofrecerá aos participantes unha chocolotada para repoñer forzas.