As Concellerías de Xuventude e de Sanidade pretenden xerar dinámicas para que todos os colectivos cidadáns poidan compartir e vivir unha actividade de lecer divertida e enriquecedora.

Ourense celebra este sábado a chegada do Nadal cunha grande festa de animación na rúa chamada «Xa chega o Nadal», recollida dentro da campaña «Ourense con luz propia». Os obxectivos principais desta actividade, organizada polas áreas de Xuventude e de Sanidade, son “xerar dinámicas para que todos os colectivos cidadáns poidan compartir e vivir unha actividade de lecer divertida e enriquecedora, así como vincular o lecer a diversas actividades sociais e culturais”, en palabras de Sofía Godoy, titular das áreas organizadoras.

A praza do Correxidor acollerá unha carpa iluminada e decorada con motivos navideños que albergará, pasada a media noite ata as 03:00 da madrugada, unha sesión DJ e animación a cargo de Guille de Melo. Entre as 01:30 e 02:15 horas realizarase unha FlashMood na propia praza a cargo da Escola de Baile de Ourense, Estilo Libre, actividade presentada e animada por Vidal López. Dous animadores vestidos de Papa Noel e Elfo darán como agasallo unha pulseira coa imaxe da campaña de Ourense con Luz propia felicitando o Nadal. Tamén haberá un fotomatón Navideño, onde todas as persoas que o desexen poderán facerse fotos de grupo como recordo da noite.

Información sobre consumo de alcol e drogas

En colaboración coa Consellería de Sanidade, esa mesma noite haberá unha furgoneta do Programa CREATIVE na praza do Ferro para todos aqueles mozos e mozas que soliciten información e apoio sobre as consecuencias do abuso do alcol e outras substancias.