O ciclista alaricano do Club Ciclista Maceda (Academia Postal Actyon MMR) Iván Feijoo rematou noveno na proba da Copa do mundo disputada na localidade belga de Namur.
O corredor ourensán de categoría júnior realizou un gran carreira que o levou a estar nas primeiras posicións. Na saída estaba entre os mellores, loitando en boa parte da proba por entrar en podio, integrado no grupo que conformaban da segunda á novena posición.
Lamentablemente, a falta dunha volta, Feijoo sofriu un pinchazo que o obligaba a entrar no box para cambiar a bici. Isto provocou que se alonxara do grupo e non fora capaz de darlle caza.
A pesar do incidente rematou nunha meritoria novena posición que volve a confirmar ante o gran deportista que estamos; pelexando coa elite mundial da súa categoría.
O ourensán remarcaba, ao final da proba, que sentiuse con pernas durante toda a carreira e con opcións de pelexar polo podio.