O Concello de Ourense vén de entregar as becas aos máis de 60 deportistas ourensáns que se acolleron a estas axudas.
Deportistas individuais dunha gran variedade de disciplinas deportivas tiveron o seu premio polos éxitos acadados durante o ano 2015. En total repartíronse 25.000 euros.
No acto estiveron presentes, ademais da maioría dos deportistas becados -os que non puideron acudir levaron unha representación-, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de deportes, Mario Guede, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez. O fío conductor desta entrega correu a cargo do novo xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González.