Este martes e mércores, 3 e 4 de xaneiro, a Afundación oferta estes obradoiros en horario de 11.00 a 13.30 horas na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, praza Maior, 4.
Tomando como fonte de inspiración pequenos relatos de Nadal, preséntanse uns obradoiros de actividades manuais para facer adornos para a árbore.
O relato O abeto Aniceto, de Dolores Espinosa, será o punto de partida da actividade: unha pequena árbore é trasladada do bosque a unha casa para vivir unha experiencia insólita, ser unha árbore de Nadal. O abeto Aniceto bota de menos os seus compañeiros do bosque que, grazas aos nenos, volverán a el en forma de adornos do Nadal.
A proposta, que se desenvolverá nunha sesión de dúas horas e media de duración, está dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 8 anos. A iniciativa consiste na realización de adornos de Nadal dun modo moi especial, tomando como punto de partida elementos saídos do bosque, pequenos ornamentos naturais para o desenvolvemento da creatividade, as destrezas manuais e a sostibilidade.
Prazas
As prazas poden reservarse na propia sede ou no 988 391 746.