O pleno do Concello de Verín aprobou a modificación da ordenanza do servizo que regulará o aparcamento nas rúas máis comerciais da vila.
O Concello de Verín reimplantará a ORA en oito rúas, a petición dos comerciantes, para estimular a rotación do aparcamento nas zonas de servizos. Non haberá concesión, e será a propia Policía Local a que vixíe o cumprimento dos horarios. Así o aprobouse no primeiro pleno do ano do concello. A votación contou cos votos a favor de PSOE e BNG, e en contra do PP.
A nova tarifa que se aplicará na zona ORA será de 0,50 euros/hora e estará en funcionamento en febreiro nas avenidas Luís Espada e de Portugal, e as rúas Deputación, Laureano Peláez, José Santamarina, Irmáns Moreno, Galicia e parque da Alameda.
O alcalde, Gerardo Seoane, na explicación da renovación da ordenanza, sostivo a necesidade de facilitar a rotación do tráfico nas peticións dos comercios do centro, que necesitan facilidades para o aparcamento dos seus clientes. Ademais, Seoane explicou que “o goberno xa fixo os deberes” en canyo a reordenación e dotación de zonas de aparcamento, sendo agora necesaria esta nova medida.
Plans
Por outra banda, o pleno aprobou a solicitude de inclusión no Plano de Obras da Deputación de dúas actuacións por 120.000 euros, referidas a “Saneamento de Pavimentación do núcleo tradicional de Vilamaior”, e a de “Saneamento e Pavimentación do núcleo Tradicional de Tintores”, que teñen que ser desenvoltas co apoio da institución provincial.
Daniel Diéguez
Pero a sesión iniciouse coa toma de posesión oficial do novo concelleiro do Partido Popular, Daniel Diéguez Diéguez, que substitúe no seu escano ao edil Castor Gago.