Tres dependencias municipais veñen de cambiar ubicación co inicio do novo ano 2017.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, ata agora sita na rúa Arcedianos, ven de trasladarse á oficina da UNIS (Unidade Interdisciplinar de de Intervención Social) da zona Centro, sita na rúa Bernardo González Cachamuíña, número 11-13, baixo.
Alí poderán acudir todas as persoas interesadas en recibir este servizo gratuíto do Concello dedicado ao asesoramento, defensa e educación en materia de consumo, que ten a finalidade de promover o coñecemento e exercicio dos seus dereitos, cara á promoción e ó desenvolvemento de actitudes e condutas racionais e críticas en relación ao consumo de produtos e servizos.
As oficinas da Concellería de Sanidade, que durante nos últimos anos se atopaban na rúa Concordia, mudaron a súa ubicación á rúa Vasco da Ponte, número 1. Alí ten xa a súa séde esta área municipal, responsable do servizo municipal de apoio ás familias con fillos, dos programas de alimentación saudable, de Saúde Materno Infantil, de prevención das adiccións, ou de lecer saudable, engre outros servizos que presta.
O sito na rúa Vasco da Ponte é un edificio municipal que xa xestionaba a Concellería de Sanidade, que desenvolvía nel actividades do programa de Saúde Materno Infantil, obradoiros de cocina, manipulación de alimentos, ou prevención de consumo de alcohol.
Por outra banda, a Concellería de Asuntos Sociais unifica no edificio do Cárcere da Coroa e rúa Bispo Carrascosa, número 8, no Casco Vello da cidade os seus servizos sociais centrais. Alí estaban ata agora os programas de inclusión social, para inmigrantes e etnias, e agora están neste edificio tamén os servicios sociocomunitarios, tanto básicos como específicos.